Monday 06 de May de 2024

O Concello de Muxía non rexistrou ningunha incidencia durante a primeira fin de semana do desescalamento


Intensificaronse as tarefas de desinfección dos espazos de teórica maior concorrencia, como o peirao e as sendas peonís.

O Concello de Muxía rexistrou unha fin de semana con 0 incidencias, e así o comunicou a Policía Local, nesta primeira fase do desescalamento.
As condicións meteorolóxicas favorables convidaron á veciñanza á práctica deportiva, así como de voltar gozar das rúas e lugares máis emblemáticos do municipio.
Cabe destacar que Muxía é un dos poucos municipios da Costa da Morte con menos de 5.000 habitantes, polo que non existen limitacións horarias para saír á rúa. Con todo, intensificáronse as tarefas de desinfección nos espazos de teórica maior concorrencia, como o peirao ou as sendas peonís.
O alcalde de Muxía, Iago Toba, quixo agradecer o “total compromiso de todas e todos os veciños nesta nova situación que comezamos a vivir durante a fin de semana. Non é doado estar case sesenta días na casa, pero o desescalamento en Muxía está a ser exemplar”, destacou o rexedor.